©Colaboradores do
OpenStreetMap
OpenStreetMap fornece datos xeográficos para milleiros de sitios web, aplicacións para móbiles e dispositivos físicos
O OpenStreetMap é obra dunha comunidade de xente que achega e mantén datos de todo o mundo sobre camiños, vías, cafetarías, estacións e moitas máis cousas.
Coñecemento local
O OpenStreetMap fai fincapé nos coñecementos locais. Os colaboradores axúdanse de imaxes aéreas, dispositivos GPS e mapas de campo rudimentarios para asegurarse de que os datos do OSM son correctos e están actualizados.
Dirixido pola comunidade
A comunidade do OpenStreetMap é diversa, apaixonada e medra cada día. Os nosos colaboradores inclúen cartógrafos entusiastas, profesionais de GIS, enxeñeiros que executan os servidores do OSM, voluntarios que mapean áreas afectadas por desastres e moitas máis persoas. Para obter máis información sobre a comunidade, consulta o blog do OpenStreetMap, os diarios de usuario, os blogs da comunidade e o sitio web da Fundación OSM.
Datos libres
Os datos do OpenStreetMap son datos libres: podes empregalos libremente e para calquera finalidade sempre que recoñezas ó OpenStreetMap e mailos seus colaboradores como os autores dos datos. Se modificas os datos ou os empregas dalgún xeito para outros fins, podes distribuír o resultado sempre e cando o fagas empregando a mesma licenza. Atoparás información máis detallada na páxina de dereitos de autoría e licenza.
Legal
Este sitio e moitos outros servizos relacionados están operados formalmente pola Fundación OpenStreetMap (OSMF) en nome da comunidade. O uso de todos os servizos operados pola OSMF está suxeito aos nosos termos de uso, ás nosas políticas de uso aceptable e á nosa política de protección de datos.
Se queres utilizar mapas ou datos do OpenStreetMap, asegúrate de atribuír ao OpenStreetMap; consulta as directrices de atribución para obter máis información.
Para empregar especificamente unha captura de pantalla do OpenStreetMap directamente no teu libro, publicación, película ou programa de televisión, non necesitas pedir permiso, xa que os datos do OpenStreetMap son abertos e poden utilizarse libremente. Consulta as directrices de atribución e consulta os exemplos existentes en Película e Televisión.
Por favor, contacta coa OSMF se tes dúbidas sobre as licenzas, os dereitos de autoría ou outras cuestións legais.
OpenStreetMap, o logotipo da lupa e State of the Map son marcas rexistradas da OSMF.
Socios
O aloxamento está fornecido por Fastly, membros corporativos da OSMF e outros socios.